Antón Luaces.- A frota pesqueira española poderá capturar no que resta deste ano 4.022 toneladas de pescada sur sobre as 4.899 que tiña asignadas inicialmente, o que significa un aumento do 84%. Este incremento baséase no acordo do regulamento do total admisible de capturas (TAC) e cotas acadado este luns en Luxemburgo polo Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea.
Para o ministro español de Pesca, Luis Planas, este acordo é “moi significativo e tremendamente importante para Españpa”, porque “responde a unha petición do noso país en base aos informes científicos que avalan a suficiente disponibilidade de existencias desta especie“.
O incremento de cota bweneficia a 1.200 embarcacións pesqueiras españolas con base en portos, principalmente, do Atlántico, Cantábrico e Golfo de Cádiz, e na súa maioría ao arrastre, volanta, palangre de fondo e artes menores.
Este incremento ven de producirse grazas á insistencia de España en revisar a regra de explotación desta especie , que permitirá reclasificala en categoría 1, incrementando deste xeito o seu TAC dentro dos niveis de rendementos máximos sostibles. Tal decisión permite ao mesmo tempo reverter a tendenza dos últimos 8 anos con descensos continuados dos TAC adoptados. Fai dous anos, a Comisión Internacional para a Exploración do Mar (ICES) decidiu degradar a categoría da avaliación da pescada sur á categoría 3 e adoptar un enfoque precautorio. Esto supuxo unha adopción do TAC moi limitado nos anos 2021 e 2022 que cortaron as posibilildades de pesca da frota española.
A obxección de España baseóuse en que, na súa opinión, o stock atopábase en bo estado biolóxico, o que permitiría seguir faenando. Agora, os informes científicos do ICES dan a razón a España. Dende aquela, o ministerio traballou xunto co IEO para formular un modelo alternativo a ICES que permitirá recuperar a categoría do recurso pesqueiro e sair do enfoque precautorio que propiciaba un TAC máis limitado.
Este modelo foi presentado e aprobado en xuño último, e propiciou que o ICES revisara a súa recomendación para a pescada sur.
No mesmo Consello de Ministros, España amosóuse partidaria de incrementar a cota de atún roxo na vindeira reunión da ICCAT a celebrar en novembro vencellada á elaboración dun regulamento de control.