O Concello de Boiro mantén a variedade da súa oferta cultural durante o mes de outubro

03 Outubro 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, organizou un programa de actividades moi variado para todo o mes de outubro. O programa engloba cine, teatros e concertos; exposicións, obradoiros e tamén presentacións, así como unhas visitas teatralizadas ao Pazo de Goiáns que comezan este mesmo mes da man dos Quincalláns. As visitas serán un reflexo do coñecemento popular sobre o Pazo e a súa contorna compartido na xuntanza veciñal celebrada o pasado mes de xuño. As inscricións para estas actividades teatralizadas deberán facerse na Casa da Cultura a partir do 17 de outubro.

Inauguración da mostra Residentes no Pazo de Goiáns

En canto ás exposicións, o Pazo de Goiáns acollerá este mes a mostra Residentes 2022, á que se engade a exposición Nuestro Planeta na Casa da Cultura de Boiro. A programación recolle tamén obradoiros e presentacións literarias nos distintos centros.

Teatro, cine e concertos completan o programa de actividades para o mes de outubro con propostas para público infantil e adulto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.