O Concello da Pobra leva á área de Venecia a campaña a prol da compostaxe comunitaria

10 Outubro 2022

Esta semana prosegue na Pobra do Caramiñal a campaña de divulgación dos beneficios da compostaxe comunitaria que se puxo en marcha dende o Consistorio a mediados do mes de setembro como “unha medida en materia medioambiental que tamén contribúe á inserción laboral das persoas con diversidade funcional”.

Impulsada pola Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), coa colaboración da Asociación Amicos, a dita acción busca informar á veciñanza sobre o devandito modelo de compostaxe, o seu funcionamento e os recursos que a Administración local pon ó seu dispor.

As visitas realizaranse na área de influencia de Venecia do día 10 ata 14 de outubro (agás no día 12, que é festivo) durante as mañás, de 09.30 a 13.30 horas, mentres que do día 17 ata o 21 se procederá na quenda de tarde, en horario de 16.00 a 20.00 horas. A persoa da entidade encargada de ofrecer a información irá identificada cos logos das dúas institucións promotoras.

As tres illas da compostaxe comunitaria sitúanse na zona do Castelo (entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas), de Venecia (na contorna do paseo da Xunqueira) e do Caramiñal (a carón das pistas de Raquel Fernández Soler). Os colectores están xestionados por persoal municipal.

O Concello explicou que o prazo para presentar as solicitudes de participación prosegue aberto. O trámite pódese efectuar no rexistro, físico e telemático, logo de cubrir o documento específico. Recibirase formación, contacto para resolver dúbidas, un caldeiro e as chaves dos contedores.

Dende o Consistorio lembran que este modelo implántase no municipio mediante unha subvención da cal resultou beneficiaria a Administración local, ó abeiro das axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico na convocatoria de Residuos 2019 e 2020 (PIMA e Pemar), que coas liñas de compostaxe pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e mellorar na consecución do Plan estatal marco de xestión de residuos (Pemar).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...