O CEMMA realiza este domingo en Tanxil un simulacro de rescate de animais mariños

07 Outubro 2022

Este vindeiro domingo, día 09 de outubro, ás 11:00 h a coordinadora ambiental CEMMA organiza unha actividade formativo-divulgativa sobre a asistencia á fauna mariña ameazada, tartarugas e mamíferos mariños, na praia de Tanxil (Rianxo). O punto de encontro será o aparcamento. En caso de mal tempo a actividade será desenvolvida na Aula Activa do Mar.

Actividades ambientais de divulgación da Rede de Varamentos

A actividade enmárcase dentro da divulgación sobre a Rede de varamentos de Galicia que a CEMMA leva a cabo contando coa axuda da Deputación da Coruña para proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente para 2022.

Simulacro de rescate

A actividade consiste en expoñer a presenza das especies obxectivo da asistencia en encallamentos, as diferencias básicas entre tartarugas (réptiles) e lobos mariños e cetáceos (mamíferos), así como o que podemos ou debemos facer para poder asistir en primeira instancia a un animal varado. O público obxectivo é xenérico aínda que tamén está destinado a membros de Protección Civil, Policía Local e especialistas de medio ambiente, así como aos compoñentes dos Grupos de Voluntariado de Cobertura da CEMMA, que son os grupos locais de apoio.

A coordinadora explica que as praias de Rianxo son espazos onde anualmente rexistran diversos varamentos de exemplares ao ano. O Concello de Rianxo e a Agrupación de Protección Civil local apoian a asistencia aos animais varados, en coordinación coa Unidade Móbil da CEMMA, permitindo a recollida de datos e mostras e coordinando a retirada dos exemplares.

Punto de encontro na praia de Tanxil: https://goo.gl/maps/Ds37AdL6RbCaX5vc9

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.