O BNG reclama depurar responsabilidades ante as verteduras ilegais do matadoiro municipal de Ribeira

17 Outubro 2022

O BNG rexistrou iniciativas no Parlamento de Galiza e no Concello de Ribeira para “esixir a depuración de responsabilidades ante unhas verteduras ilegais producidas polo matadoiro municipal ribeirense”. A formación nacionalista informou de que lle chegaron vídeos e fotografías “nos que se poden apreciar verteduras de maneira incontrolada de augas residuais, sen ningún tipo de depuración, ao exterior do recinto”. En palabras do BNG, as imaxes e vídeos constatan que “esas verteduras non foron debidas a un accidente, xa que hai unha canalización rudimentaria para conducir eses residuos fóra das instalación do matadoiro”.

Nas imaxes e vídeos aprécianse regueiros de sangue e líquidos con alta carga orgánica que discorreron pendente abaixo filtrándose na terra e que mesmo poderían ter chegado a algún regato próximo, “co conseguinte risco para a saúde das persoas”, sinalan os nacionalistas, engadindo que van pedir a actuación dos gobernos local e galego, para que se abra unha investigación e “sexan depuradas todas as responsabilidades”.

Por outra banda, o BNG dixo ter constancia de queixas veciñais “polo trato que se lles dispensa aos animais que van ser sacrificados”. En opinión do grupo tanto a Xunta como o Concello deben actuar para “garantir que este tipo de feitos non se volven producir porque afectan gravemente ao medio mais tamén deben comprobar que se cumpre a lexislación vixente, con especial atención a aquela que regula o benestar animal e a depuración de residuos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.