O BNG insta ao director de Pesca a presentar o recurso xudicial á UE polo veto á pesca de fondo

28 Outubro 2022

O Concello de Ribeira celebrou hoxe unha nova reunión do Consello Sectorial de Pesca onde están os principais representantes do sector do mar e os grupos políticos da Corporación Municipal. O BNG vai trasladar por escrito a necesidade de que a Xunta actúe para defender a frota galega.

A concelleira do BNG, Cruz Rivadulla, presente xuntanza constatou a inacción da Consellaría de Mar para defender a frota galega ante a decisión da Unión Europea de prohibir a pesca de artes de fondo. “En Ribeira convocamos o Consello Sectorial de Pesca para tratar este asunto, por iso cremos que a Xunta tamén debería convocar o Consello Galego de Pesca e presentar o recurso perante a Unión Europea, sen agardar a nin un minuto máis” informou Rivadulla.

Desde o BNG aseguran non comprender a inacción do Partido Popular ante un asunto tan importante para o sector pesqueiro e a negativa a presentar un recurso contra o veto da Comisión de Pesca. “Prometéronlle ao sector do mar que a Xunta esgotaría todas as vías legais para reverter esta daniña decisión pero non están cumprindo”.

Rivadulla informa que trasladará por escrito ao director xeral de Pesca que o Goberno galego debe defender unha das frotas pesqueiras máis potentes de Europa e “ir á cabeza” das reclamacións da xente do mar para protexer os seus empregos por ser un sector esencial para a economía galega, “independentemente do que faga o Goberno do Estado”. Por último, o BNG pedirá habilitar medidas que compensen economicamente aos armadores e ás tripulacións mentres non se resolva o veto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.