O BNG critica á Xunta pola demora ao presentar o recurso xudicial á UE polo veto ao arrastre

26 Outubro 2022

O BNG, a través da portavoz de pesca, a pobrense Rosa Pérez, esixiu á Xunta a presentación dun recurso xudicial á Unión Europea co “obxectivo de reverter a prohibición da pesca de arrastre para a flota galega”. Tamén animou aos gobernos galego e central a actuar contra as intencións da UE de prohibir a comercialización da quenlla, “da cal Galiza é a maior fornecedora no mercado europeo”.

A portavoz de Pesca, Rosana Pérez, recriminou á Consellería do Mar o que considera unha “demora” na presentación de accións “esenciais para protexer á xente do mar”, un sector que “vén de comprobar como “se despreza o seu papel por parte do PP”.  De feito, a deputada do BNG criticou aos populares por, nas súas palabras, “instalarse na inacción malia anunciar aos medios de comunicación da presentación dunhas accións xudiciais das cales o Parlamento aínda non foi informado”.

E engadiu: “Temos o dereito de ser informados todos os grupos deste Parlamento se queremos remar no mesmo rumbo para defender o sector pesqueiro”, dixo, e aproveitou para emprazar á Xunta a convocar “de xeito inmediato” o Consello Galego de Pesca.

A deputada do BNG alertou tamén das intencións da Unión Europea de restrinxir a comercialización da quenlla azul baixo o argumento do seu parecido visual con especies de escuálidos protexidos. Esta prohibición tería un “demoledor impacto para a frota galega”, dixo, apuntando que que a medida non se sustenta “en ningún informe ou avaliación científica, en ningún dos realizados indícase sobrepesca desta especie”, apuntou.

De feito, comentou, “a prohibición da pesca desta especie está levando á incerteza e a inquedanza á frota de palangre en superficie xa que Galiza aporta o 90% da produción europea de quenlla e entre o 60 e o 70% das capturas”. A flota galega, defendeu, “conta con máis de 120 buques e arredor de 1.000 tripulantes, cumpre co marco normativo e está sometida a uns estritos controis, polo que non pode verse exposta a decisións sen evidencias científicas.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.