O andar baixo do Consistorio de Rianxo contará con aseos accesíbeis e acondicionados

27 Outubro 2022

O Concello de Rianxo está a executar estes días os traballos encamiñados a garantir a accesibilidade dos aseos do andar baixo do Consistorio, unhas obras que se complementan cun acondicionamento integral destas estancias.

A iniciativa está financiada pola Xunta a través do Proxecto de creación, mellora e ampliación de servizos básicos municipais. Esta obra conta cun investimento total de 36.845,53 euros. O importe da axuda DXAL da Xunta de Galicia é de 25.791,87 euros, sendo o resto da contía, 11.053,66 euros, sufragado con recursos propios.

O proxecto remodelará ese espazo para adaptar os baños e facelos accesíbeis para persoas con discapacidade, mellorando as condicións anteriores. En concreto, estase a renovar todo o alicatado e os sanitarios, as portas de acceso e a instalación de fontanería para favorecer a accesibilidade xeral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...