O alcalde de Outes insta á Xunta a solucionar os problemas do transporte público para que Monbús cumpra cos servizos en Pontenafonso

20 Outubro 2022

O alcalde de Outes Manuel González López reclama a actuación da Xunta de Galicia para acabar cos problemas que a día de hoxe ten o transporte público porque é algo que está afectando a moita xente da súa localidade pero tamén de toda a bisbarra. González explica que os últimos problemas denunciados localízanse no lugar da Pontenafonso onde, segundo lle trasladaron os veciños, Monbús non está a cumprir coas frecuencias establecidas na concesión e que quedaran temporalmente en suspenso debido ás obras da ponte Nafonso.
Este feito, xunto cos xa denunciados anteriormente polo goberno outense como os problemas de horarios no transporte escolar ou a eliminacion de rutas de transporte compartido, están espertando o malestar de moitos veciños e veciñas. “Somos conscientes de que isto está minguando a posibilidade que teñen moitas persoas, sobre todo maiores, de se desprazar á Serra de Outes ou a Noia, imposibilitando que persoas maiores poidan acudir ao centro médico, concello, supermercado ou ao seu banco”. Desde o Concello de Outes reclaman a actuación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para tratar de resolver esta situación de maneira inmediata.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.