Noia e Xunta asinan o convenio que permitirá a construcción dun novo e moderno centro de saúde

10 Outubro 2022

Noia deu hoxe un gran paso adiante para que o novo centro de saúde da vila sexa pronto unha realidade.
O conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Noia para levar a cabo o plan de execucción das obras de construcción dun novo e moderno centro de saúde.
O futuro inmoble, que terá un uso exclusivamente sanitario, permitirá duplicar a superficie do actual e incorporará novas salas de técnicas, unha consulta de hixienista ou a base do 061. Ademais, a área pediátrica tamén terá una nova sala de observación e a área de fisioterapia, uns vestiarios.
Santiago Freire destacou que “con este novo convenio, Noia marca unha folla de ruta para que o noso municipio conte pronto cun centro de saúde adaptado ás necesidades de todos os veciños e veciñas”.
Investimento de máis dun millón de euros.
O Concello de Noia investiu neste proxecto máis dun millón de euros para a adquisición das parcelas do novo centro de saúde e que ademáis verase incrementado con novos terreos nas inmediacións do mesmo.
Así, o novo centro contará con catro salas de técnicas onde agora só hai unha, o que vai facilitar facer ecografías, espirometrías, retinografías, electrocardiogramas ou cirurxía menor.
Isto permitirá aproveitar mellor o equipamento que recibiu este centro nos últimos anos: o novo equipo de radiodiagnóstico que se incorporou en 2018 ou os tres electrocardiógrafos e o espirómetro que chegaron no 2020.
Por outra banda, na zona do PAC ampliaranse a zona de consultas e a sala de observación e farase algo relevante como é integrar dentro deste edificio a base da ambulancia do 061.
Vista ao centro de saúde
Tras a firma do convenio, ambas comitivas, Xunta e Concello, realizaron unha visita ao actual centro de saúde para transmitirlle ao persoal sanitario a boa nova de primera man, así como recoller as súas propias impresións.
“Estamos moi orgullosos e moi agradecidos á consellería de Sanidade por este convenio que firmamos hoxe e que vai permitir que Noia sexa o primeiro centro de saúde da provincia da Coruña da fase 1 do Plan de infraestructuras da Xunta que pase do papel ao formigón”, engadiu Freire.

Outros artigos

En Noia a Policía corta unha rúa polo derrube parcial dun tellado

A Policía Local de Noia informou dun corte de tráfico e dun cambio no sentido da circulación pola caída dun inmóbel (parte do tellado dunha construción). Os feitos aconteceron este martes 12 de xaneiro pola mañá, intre no que foron mobilizados efectivos desta Policía...

+

Restablecido o subministro de auga no centro histórico de Noia

Tras dúas xornadas e media de traballo intensivo, o servizo de auga para consumo doméstico restableceuse en todo o centro histórico de Noia este luns 12 de xaneiro. Os cortes no subministro viñeron dados polo mal estado das infraestruturas e pola falta reiterada de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

Los bares forman parte de nuestra identidad nacional. Son como “un corazón económico y social” que late a diario en las calles de ciudades y pueblos, un punto de encuentro y de intercambio de historias entre generaciones. En ellos se mezclan edades, ideologías,...

“Veñen os Reis”. Xulio Xiz

“Veñen os Reis”. Xulio Xiz

Son devoto dos Magos, malia que non me prestaron atención ata que fun maior. Este día cinco estiven á súa beira en Begonte e en Lugo, confortado por unha información radiofónica que xustificaba que puidesen estar á vez en milleiros de lugares de todo o mundo. Xa que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.