“Na procura dun lugar ao sol: quítate ti, que me poño eu”. Antón Luaces

22 Outubro 2022

Como cativos. O caso é argallar para non deixar en bo lugar a quen se considera un contrario -nunca algo complementario- tanto no eido político coma no administrativo. Neste caso é a Xunta de Galicia a que culpa ao Goberno central do mesmo pecado que a Xunta comete a través de Portos de Galicia con municipios da Comunidade Autónoma galega.

Imos ver: o goberno galego, actualmente presidido por Alfonso Rueda, anunciou que presentará recurso perante o Tribunal Supremo contra a reforma do regulamento de costas para manter a actividade económica e garantir o emprego no litoral. O presidente Rueda anunciou este xoves que a decisión de presentar o citado recurso conta co visto e prace dos representantes da cadea mar-industria (en teoría a máis afectada polo antedito regulamento).

Quere o goberno galego defender a viabilidade da actividade do sector mar-industria fronte ás medidas cada vez máis restritivas, dixo Rueda, que impón o Goberno central. Este, engadiu, tenta erradicar calquera actividade humana e económica do litoral.

Para Alfonso Rueda as cousas poden facerse doutro xeito e moito millor, polo que a normativa que se pretende impor non ten moito sentido. Velaí o motivo do recurso: a modificación é absolutamente prexudicial para as empresas galegas, na opinión do presidente galego. Este puxo como exemplo a eliminación das prórrogas extraordinarias de todas as concesións de actividades económicas, cuestión que afecta -afirmou Rueda- a 4.000 edificacións pertencentes a 82 municipios, incluidas un cento de empresas galegas da cadea mar-industria.

Para o presidente Rueda o Executivo que preside Pedro Sánchez está á espreita de que a devandita modificación regulamentaria entre en vigor, tendo en conta que hai empresas que, ao longo dos últimos anos, teñen solicitadas ata 18 prórrogas.

Galicia solicitou que se lle transferiran as competencias do dominio público marítimo-terrestre (eis a cuestión), pero silenciou as súas actuacións en distintos concellos marítimos galegos, prexudicados en maior ou menor medida que aqueles aos que a Xunta dí defender diante do Goberno central.

Hai unha chea de casos: o pósito de Cariño, en terreos marítimo-terrestres que a Xunta reclama e non cede, malia existir referencias exactas de ubicación doutras edificacións (entre estas o propio edificio municipal) qiue poderían estar afectadas polo mesmo fegulamento; terreos asimesmo reclamados polo concello de Ribeira que a Xunta non  cede; permisos negados polo Goberno galego ao uso de terreos portuarios en circunstancias específicas como poden ser as festas locais, etc., etc. Ven ser algo así como ver a viga no ollo alleo pero non no propio.

Ambas as administracións teñen que dar contas por moitas destas accións, e non é a Xunta  o millor exemplo de cumprimento de regulamentos neste eido.

Outros artigos

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.