Muros acolleu este 3 de outubro o recoñecemento a Juan e Perpetua Malvárez como Fotógrafos históricos

03 Outubro 2022

A Casa da Cultura de Muros acolleu este 3 de outubro o recoñecemento da figura de ‘Fotógrafo histórico’ que  se vén organizando nos últimos anos ao abeiro do premio Luís Ksado de Creación Fotográfica, convocado pola Deputación da Coruña. Nesta edición foron dous os homenaxeados, os muradáns Juan Malvárez e a súa filla Perpetua, a primeira muller en recibir esta distinción.

A xornada comezarou cun acto institucional encabezado pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e polo responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto, e no que tamén participa a neta do homenaxeado, Josefina Malvárez. Celebrouse unha mesa redonda na que, ademais de Couto e de Málvarez, participaron Isidro Dubert, profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, e, como moderador, o fotógrafo Xurxo Lobato, comisario do premio Ksado.

“Baixo o selo ‘Foto Malvárez’”, afirma Couto para explicar os méritos de Juan e de Perpetua Málvarez ao recoñecemento, “está recollida a memoria social e as memorias familiares e particulares de toda unha comarca ao longo de practicamente un século”. “Falamos”, engade, “dun fotógrafo e unha fotógrafa que durante a súas respectivas traxectorias profesionais tiveron que vogar entre dous mundos: entre as herdanzas decimonónicas e os novos estilos de comezos do século XX, no caso do Juan Malvárez; e na transición do branco e negro cara a cor e cara novas incorporacións técnicas propias do auxe e popularización da fotografía, no caso de Perpetua Malvárez”.

Couto fala tamén da oportunidade e pertinencia de que Perpetua reciba o recoñecemento. “Este premio ten ademais a particularidade de incluír, por vez primeira, a figura dunha muller fotógrafa, unha muller que cando iniciou a súa traxectoria profesional se erixiu, con modestia pero con determinación, nunha sorte de pioneira en desempeñar un traballo aínda vinculado exclusivamente aos homes.

Outros artigos

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...