“Menos mal que chove” – Xulio Xiz

26 Outubro 2022

Vivimos unha tormenta perfecta na terceira década dun século que soñamos de progreso e resultou brutalmente agresivo e opresor, como se quen decide experimentase connosco para calibrar a nosa resistencia.

Un conflito bélico convertido en problema mundial enfronta aos dous bloques políticos do vello mundo, onde o que parece máis tolo ameaza con bombas nucleares. E a guerra non só repercute nas achegas de material bélico e no aumento do militarismo, senón tamén no subministro de gas ou no de cereais imprescindibles para a nosa alimentación.

Xéranse incrementos de prezos brutais, non só nos produtos vinculados á área bélica, senón practicamente en todo o que consumimos, nunha dinámica imposible de asumir pola clase media, que agora poucos saben o que significou.

As regras do mercado non permiten a fixación de prezos, polo que o goberno opta polo máis doado de subvencionar combustibles en lugar de cortar o problema de raíz, polo difícil que resulta regular a actividade dos que impoñen condicións. E os consumidores soportamos incrementos de dous díxitos no índice de prezos, que resultaría brutal se fose crible, porque todos experimentamos que ou se trucan os resultados, ou non inclúen os produtos que máis nos afectan.

Prométennos aumentos de pensións e soldos, para que pechemos os ollos a unha realidade insoportable. E nesta terra na que en tempos sobraba auga, suspiramos porque chova, como se a auga fose a solución. Pois se o refrán quere que “as penas con pan sexan menos penas”, con tan negra situación, mesmo xa andamos máis contentos porque para afogar penas, alomenos xa viñeron as choivas.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.