Interesa atacar ao arrastre de fondo porque é prexudicial ou por outros motivos?”. Antón Luaces

Ás veces da a impresión de que existe un verdadeiro interese en atacar ao sector pesqueiro español, de tal xeito que a pesca que se practica en España aparece como a causante da inmensa maioría dos males que aquela rexistra nos mares europeos. Así non resulta estrano que no marco da UE xurdan personaxes como o eurocomisario Sinkevicius que son quen de agravar aínda máis co seu labor o xa de por sí calamitoso estado das distintas pesqueiras da nación española.

España pesca menos do que lle correspondería, na medida que por frota e potencia desta, debera. E aínda así, as organizacións ecoloxistas dirixen as súas críticas aos barcos, armadores destes e tripulantes dos mesmos como se de culpabilizar exclusivamente a alguén se tratara, nunha máis ou menos orquestrada campaña na que non entran, ao parecer, os efectos negativos que outras frotas da UE poden causar.

Existen motivos alleos ao feito mesmo da pesca para continuar con estes constantes ataques?.  Cantos deles se argallan no seo da Comisión de Pesca a instancias dos grupos de presións ou lobbys que teñen coma seus os despachos de determinados eurodeputados e comisarios?.

Non é nada novo: o sector pesqueiro español nunca foi ben recibido en Europa. É o principal rival paras outros países.

Por se fora pouco o dano causado xa á pesca de fondo española pola Comisión que dirixe o eurocomisario Sinkevicius e pola indecisión do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de España, organizacións como Oceana inciden nas súas críticas e acusacións, agora ao arrastre de fondo que, segundo afirma Silvia García, cientifica mariña senior desa entidade ecolóxica, “trátase dunha actividade incompatible coa conservación e afecta tanto ás especies e hábitats, como indiretamente ao conxunto do ecosistema, e polo tanto o dano é de grande alcance e duradoiro”. Máis aínda: “O Goberno debe abordar dunha vez os impactos da pesca nas áreas protexidas; non facelo conleva un incumprimento das obrigas establecidas polas leis ambientais”.

Oceana afirma que o arrastre de fondo practícase ata nove veces máis dentro das áreas mariñas protexidss ca no resto de zonas mariñas.

Palabra de Deus.

Un estudo realizado por Oceana analiza a actividade aparente de arrastre de fondo do ano 2021 en áreas mariñas protexidas (AMP) españolas. Conclúe ca rede europea Natura 2000 de espazos protexidos -que cubre un 8% da superficie mariña de España, ou 88.000 quilómetros cadrados- tiña soportado 600.000 horas de arrastre aparente durante o ano 2021, o que equivale a unha media de 7 horas por cada quilómetro cadrado de superficie mariña protexida, mentres que fora destas zonas a intensidade foi de 0,8 horas por quilómetro cadrado.

Para Oceana, o arrastre de fondo é unha arte de pesca dos máis prexudiciais para o medio mariño, algo que xa evidenciaba no ano 2020 no seu informe “Parques de papel en España: arrastre de fono en áreas mariñas protexidas”.

Pregúntome se, como dicía anteriormente, é a pesca española un obxectivo a bater polo ecoloxismo nacional e internacional.