Galitoon representa Golulá este venres na Casa da Cultura de Boiro

24 Outubro 2022

Este venres 28 de outubro a Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida a unha nova representación teatral para público infantil e familiar. Trátase da función Golulá, da produtora Galitoon. Será ás 20.00 horas na Casa da Cultura. As persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa entrada no mesmo día da actividade, a partir das 19.00 horas.

Golulá é unha obra de técnica mixta na que se mestura o teatro de actor con body puppets (monicreques de gran formato), muppets e o teatro de luz negra (monicreques de paleta), para xerar unha historia cuxa estrutura, trama e ritmo son os do conto clásico de aventuras.

O espectáculo sitúanos nun país chamado Golulá. A diferenza doutros países, aquí as persoas eran todas diferentes, de diferentes especies, de diferentes formas, de diferentes cores e mesmo, as persoas falaban en idiomas diferentes, pero aínda así, todos entendíanse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...