En Ribeira o IMER e Servizos Sociais lanzan un plan formativo contra acoso escolar por orientación sexual

21 Outubro 2022

O Intituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER) e a Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade do Concello a través do Centro de Información á Muller, interesados na mellora da convivencia escolar no noso municipio, poñen en marcha un plan formativo coa finalidade de previr os posibles casos de acoso escolar derivados de calquera tipo de discriminación e sinaladamente por razóns de orientación sexual.
A iniciativa foi presentada esta mañá por parte de Ana Barreiro, Olegario Sampedro e Dolores Crujeiras no nome da Concellería, o IMER e o CIM. Nunha primeira fase, e en concordancia co Protocolo educativo para garantir a igualdade e a liberdade de xénero que aprobou a Xunta no 2016, vanse organizar dous tipos de actividades pedagóxicas dirixidas por unha parte ao profesorado e por outra ao alumnado de todos os centros de Secundaria, Bacharelato e FP do concello.
Así, o próximo mércores 26 de outubro ás 17 horas no CIFP Coroso impartirase un obradoiro didáctico de tres horas de duración destinado ao profesorado que leva por título “Dereito a saber: obradoiro sobre diversidade”. Contará con 30 prazas (resérvanse 3 por centro) e a día de hoxe xa hai un gran número de inscritos Non obstante, aqueles docentes que se queiran apuntar poden facelo a través do correo electrónico imer.barbanza@gmail.com indicando o nome, apelidos e centro de traballo.
E ao longo do mes de novembro levaranse a cabo un total de sete obradoiros didácticos de hora e media de duración (un por cada centro implicado), neste caso dirixidos ao alumnado. As datas dos mesmos están pendentes de concretar.
Os relatores destas accións estarán conformados por expertos pertencentes á Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual da Coruña (ALAS).

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.