En Ribeira o Consello de Pesca recibiu a comparecencia de Antonio Basanta para abordar os efectos da prohibición da pesca de fondo no sector

28 Outubro 2022

A casa consistorial de Ribeira serviu de escenario a unha sesión extraordinaria do Consello
Sectorial de Pesca, convocada con motivo da comparecencia do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.
A principal da razón da convocatoria reside en escoitar de boca do propio sector como está a incidir a entrada en vigor do regulamento que prohíbe a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico e os problemas que están a encarar. Así mesmo, o director xeral comunicoulles os pasos que se están a dar dende a Consellería do Mar para abordar este asunto.
No transcurso da visita tratáronse outras cuestions relacionadas cos portos e a actividade pesqueira no municipio ribeirense. Así mesmo, aínda que non era o obxecto da convocatoria, saíu a relucir a
preocupación existente en canto ás posibles prohibicións no acceso á illa de Rúa ou a práctica de pesca deportiva: un asunto sobre o que o alcalde manifestou que ten prevista unha reunión coa directora xeral
de Patrimonio Natural.
Na xuntanza, que estivo presidida polo alcalde Manuel Ruiz, participaron representantes das cofradías de Ribeira, Aguiño e Palmeira, da Asociación do Cerco de Ribeira e Aguiño, da Cooperativa do Mar Santa Uxía, de todos os grupos municipais e dos sindicatos CCOO e UGT.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.