En Ribeira dous cursos sobre sede electrónica e uso básico de móbil Android na Aula Cemit

A Aula CeMIT de Ribeira vai dar cabida entre o 24 e o 27 de outubro a dous novos cursos de novas tecnoloxías. Un deles, con horario entre as 9.30 e as 11.30, versará sobre sede electrónica, en tanto que o outro, de 11.30 a 13 horas, estará dedicado a impartir uns coñecementos básicos de móbiles con sistema operativo Android.
As inscricións pódense formalizar na Aula CeMIT de Ribeira, situada na rúa 1 Cubeliños, ou ben a través da web https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira