En marcha a demolición do edificio Hesta Kurva de Ribeira

14 Outubro 2022


Comenzaron os preparativos para a demolición do edificio da antiga discoteca Hesta Kurva de Ribeira. A parcela está valada e xa empezan a chegar máquinas e está previsto que os traballos de derriba comecen a última semana de mes.

No seu lugar levantarase unha residencia que será o primeiro centro no que se aplicarán as innovacións do novo modelo residencial.
A Consellería de Política Social e Xuventude valorou se era posible manter algunha parte da estrutura do inmoble, pero debido ao seu estado de conservación non foi posible aproveitala. O prazo a execución do derribo é e catro meses e o orzamento para esta actuación supera os 540.000 euros.

Cómpre lembrar que o Goberno galego investirá 10 millóns de euros neste novo equipamento, que contará con 100 prazas distribuídas en módulos de convivencia de 25 residentes, con habitacións individuais e baños adaptados. Ademais, o inmoble estará dotado de máis tecnoloxía para mellorar o benestar dos usuarios, como xa se fixo na residencia pública da Estrada.
Así mesmo, contará con zona axardinada exterior, así como o seu privilexiado emprazamento: ao carón da praia de Coroso e do seu paseo marítimo, e preto do hospital comarcal do Barbanza.
Quilómetro cero
Con este novo centro, Ribeira e a zona do Barbanza serán o quilómetro cero do novo modelo residencial de Galicia. Unha transformación nos coidados residenciais baseado en tres piares fundamentais: unha maior colaboración dos ámbitos social e sanitario, a incorporación da tecnoloxía ás residencias de maiores, e a introdución de melloras estruturais e arquitectónicas para que os centros sexan verdadeiros fogares.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.