Empeza novembro con nubes e claros

31 Outubro 2022

O martes, Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente oeste e unha fronte pouco activa entrando polo noroeste de Galicia. Deste xeito, teremos ceos con intervalos nubrados en xeral e algunha chuvia intermitente na provincia da Coruña pola tarde, chegando a Pontevedra e o centro de Lugo de xeito máis disperso nas derraideras horas do día. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios signicativos en xeral, pero as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente, principalmente no interior. Os ventos soprarán do sur e suroeste, con intervalos fortes no extremo norte, virando a oeste durante a tarde e amainando.

O mércores de defuntos quedaremos transitoriamente baixo influencia anticiclónica, pero unha borrasca se irá achegando rapidamente desde o oeste e nos afectará a partir da noite. Con esta situación, agárdase un aumento progresivo de nubes e algunha chuvia feble no extremo oeste de Galicia durante a tarde. Xa pola noite e na madrugada do xoves, as chuvias acabarán estendéndose a toda a Comunidade, sendo persistentes na fachada atlántica. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do sur e suroeste, frouxos en xeral, pero se intensificarán de xeito importante durante a madrugada do xoves, acadando intensidade forte no litoral atlántico.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 11° 18°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 2
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar02:461.4 m
Preamar09:173.1 m
Baixamar15:481.2 m
Preamar22:172.8 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar02:381.4 m
Preamar09:083.1 m
Baixamar15:421.2 m
Preamar22:102.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar02:411.4 m
Preamar09:133.1 m
Baixamar15:461.2 m
Preamar22:142.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.