Ecovidrio e o Concello de Ribeira lanzan a campaña solidaria Recicla Vidro por elas

19 Outubro 2022

Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña Recicla vidro por elas, iniciativa que ten como obxectivo “mobilizar á cidadanía a reciclar envases de vidro para coidar do medio ambiente e contribuír así á prevención do cancro de mama”. Desde este mércores 19 de outubro e durante as vindeiras semanas, un iglú rosa de recollida de vidro estará situado en Ribeira. A entidade transformará os envases depositados nos colectores nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra.

Desta volta, a campaña estendeuse por máis de 170 cidades de todo o territorio estatal como Sevilla, Vigo, Coruña, Xixón, Oviedo, Valladolid, Zaragoza ou Logroño.

Así pois, Ecovidrio instalou 400 colectores rosas por toda a xeografía española.

Datos de reciclaxe de vidro en Ribeira

Segundo os últimos datos relativos a 2021, os habitantes de Ribeira reciclaron un total de 497,4 toneladas de envases de vidro, o que supón que cada cidadán reciclou de media 18,5 quilogramos. Respecto da taxa de contenerización, Ribeira sitúase cunha media de 193 habitantes por colector, contando cun total de 139 iglús para os residuos de envases de vidro instalados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.