O domingo, unha fronte irase achegando a Galicia, afectándonos na segunda metade do día. Con esta situación, agárdanse brétemas costeiras no litora atlántico e ceos máis nubrados canto máis ó oeste pola mañá; xa pola tarde estas nubes iranse estendendo cara ao leste, pero as precipitacións non chegarán xa ata a noite
. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un descenso entre moderado e notable, agás no norte de Lugo, onde ascenderán. Os ventos soprarán do sur e suroeste, frouxos no interior, moderados no litoral da Coruña.
Temperatura do aire (°C) | MINMAX 15° 22° |
Temperatura da auga (°C) | 15° |
Índice ultravioleta máx. | 3 |

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 04:23 | 3.7 m |
Baixamar | 10:23 | 0.5 m |
Preamar | 16:37 | 4.0 m |
Baixamar | 22:46 | 0.4 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 04:14 | 3.6 m |
Baixamar | 10:15 | 0.6 m |
Preamar | 16:29 | 3.9 m |
Baixamar | 22:39 | 0.4 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 04:19 | 3.7 m |
Baixamar | 10:20 | 0.5 m |
Preamar | 16:34 | 3.9 m |
Baixamar | 22:44 | 0.4 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)