“Dependerá de se hai base xurídica, dixo o ministro Planas”. Antón Luaces

27 Outubro 2022

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, aseguraba esta semana que tiña as cousas claras (en  elación coa veda da pesca de fondo implantada pola Comisión Europea  en augas atlánticas de España, Portugal, Francia e Irlanda, países máis afectados). Engadiu o ministro que “o Goberno de España é firme e este ministro tamén. Se temos base, imos ir ao Tribunal de Xustiza. Téñoo dicidido”.

Ten dúbidas o ministrio Planas?. Porque se hai incerteza sobre a existenza ou non de base xurídica para acudir ao Tribunal Superior de Xustiza da UE, o sector pesqueiro galego non ten a máis mínima a respecto do terrible dano que o regulamento que impide que máis de douscentos barcos galegos faenen en 81 zonas consideradas pola CE zonas sensibles:

“Pescando legalmente polas 197 brazas , nen siquera hai marca.

Con ester tempo de mar axitado os cardumes baixan aos cantiles “prohibidos”.

A cousa vai de mal en pior: onte, 60mcaicas, cando o mesmo día do ano pasado foron 200 .

O ano pasado encher de gasoil os tanques deste barco andaba polos 18.000 euros. Este outro día, saimos da Coruña e encher os mesmos tanques custou 30.000 euros. Cos víveres pasa o mesmo.

Aquí vai haber problemas moi serios.

Para botar un camión con 800 caixas, necesitamos máis de 10 lances. O ano pasado facíamos en 5 ou 6. Un camión por semana. Agora van sair 2 ao mes. Con sorte, 3.

Para os mariñeiros non resulta rendable tirar polas trallas todo o día por 30 euros ,ou menos. Ata onde van poder asumir as perdas os armadores?”.

Son as reflexións que fai en alta mar, perto das costas de Irlanda o patrón galego dun dos barcos que, con tripulación tamén mairitariamente galega,  faenan a cotío na zona dend vsi unha chea de anos. Necesitará o ministro Planas máis argumentos para acodir ao alto Ttibunal de Xustiza da UE? . Precisará de máis motivación para lle dicir á cara ao eurocomisario Sinkevicius que estás moi, pero wque moi trabucado coa súa formulación en relación coa pesca de fondo?.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.