Cultura de Dodro convoca unha nova edición do Mini-Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

24 Outubro 2022

O Concello de Dodro convocou unha nova edición da réplica miúda e xuvenil do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, o Mini-Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, dirixido neste caso ao alumnado da ESO e centrado en reivindicar, visualizar e recoñecer obras de foto-creación ou vídeo-creación.

Este concurso ten como obxectivos: promover a creación literaria, o uso da lingua galega e a creación artística entre a mocidade “que soña”, como diría o propio autor que dá nome a este certame.

A participación será individual, na modalidade de foto-creación (fotografía, debuxo ou pintura + poema ou relato) ou de vídeo-creación literaria (vídeo + poema ou relato), dúas novas linguaxes creativas nas que Cultura de Dodro quere poñer o foco, sobre a base de que “a linguaxe literaria debe adaptarse aos novos soportes de comunicación cos que actualmente convive a mocidade”.

As bases do premio poden consultarse na web municipal: www.dodro.gal. O prazo de presentación de creacións estará aberto até o 2 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

Eterno dilema. ¿El fin justifica los medios, si o no? Mi opinión, todo depende del resultado final. Asesino es quien mata a otro. Pero como siempre hay salvedades, si yo matase a quien tú piensas, y puedes pensar en plural, no seria asesino, sino salvador de muchas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.