Comezan na Pobra dous cursos sobre lingua de signos e uso de carretas elevadoras

25 Outubro 2022

A Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal volve acubillar dúas novas accións formativas. A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), desprazouse neste 25 de outubro ata a referida dependencia municipal para asistir á inauguración doutra edición do curso de iniciación á lingua de signos que conta coa participación dun total de 25 persoas. A dita acción está organizada pola Concellaría do Desenvolvemento Local, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, para a achega de nocións básicas sobre a comunicación mediante a lingua de signos e o fomento da inclusión.

Tamén arrancou a formación sobre manipulación de cargas con carretas elevadoras, traspalés e de man cunha decena de persoas inscritas. Trátase da terceira acción do itinerario formativo teórico-práctico impulsado xunto coa FSC Inserta, co cofinanciamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.