Comezan en Castiñeiras as obras para renovar o pavimento e separar as augas na rúa de Chouza

13 Outubro 2022

O Concello de Ribeira informou do comezo dos traballos para renovar o pavimento e separar as redes de saneamento e pluviais na rúa da Chouza, situada na parroquia de Castiñeiras. A obras están sendo executadas pola empresa Excavaciones Nima e supoñen un investimento de 44.277,49, IVE incluído. Ata o lugar de actuación desprazouse o edil veciño da parroquia Javier Sampedro para interesarse polo desenvolvemento da mesma.

De acordo co proxecto elaborado polos servizos municipais, vanse realizar os seguintes traballos:

-Para a condución de augas pluviais disporase polo centro da calzada un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, xunto con arquetas sumidoiro e pozos de rexistro.

-Para o saneamento instalarase unha tubaxe de PVC lisa de 315 milímetros e pozos de rexistro.

-En canto á pavimentación demolerase o firme actual e estenderase un novo de formigón sobre base de saburra.

A actuación está incluída no POS+2021 e ten un prazo de execución de tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.