Cincuenta obras de Xosé Poldras, Goya e Dalí dialogan nos caprichos Espidos, a nova exposición do Museo do Gravado de Artes

15 Outubro 2022

Dende a noite pasada o Museo do Gravado de Artes alberga unha nova exposición que, co título de “Os Caprichos Espidos” de “Os caprichos espidos”, está integrada por cincuenta obras de Xosé Poldras, Francisco de Goya e Salvador Dalí.
A inauguración contou coas intervencións de Xosé Poldras, da primeira tenente de alcalde de Ribeira María Sampedro, do secretario xeral de Cultura da Xunta Anxo Lorenzo, co director do Museo Pastor
Rodríguez e con Carlos Bernárdez, comisario da mostra. Para abrir e pechar o acto Cecilia Rodríguez, filla de Poldras, tocou sendas pezas de Bach e Teleman ao violín para deleite dos asistentes ao evento.
“Os caprichos espidos” está composta por 50 pezas: 10 debuxos de grafito sobre papel, 10 linografías e 10 debuxos dixitais de “Os caprichos espidos” de Xosé Poldras (A Coruña, 1969), colección que combina unha parte artística, de creación orxinal, e outra divulgativa, referida ao cartafol dos famosos gravados de Francisco de Goya.
Ademais móstranse 10 gravados orixinais de Francisco de Goya (edición da Exposición de Sevilla de 1929) e 10 heliogravados de Salvador Dalí, 1977), que son fondos do Museo do Gravado.
A exposición poderá ser visitada ata o 14 de decembro de 2022.
Cómpre lembrar que nas outras dúas salas do Museo se poden contemplar tamén unha exposición cos premiados e finalistas na última edición dos Atlante de Gravado e a mostra “Ukiyo-e”, unha colección de estampas xaponesas propiedade do profesor Daniel Buján.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.