Chega a terceira edición do curso de monitorado de ocio e tempo libre da Pobra do Caramiñal

17 Outubro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou este luns 17 os detalles da terceira edición do seu curso de monitorado de ocio e tempo libre, cuxa superación posibilitará ás persoas asistentes accederen á formación de acompañantes de transporte escolar e manipulación de alimentos. A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), xunto co axente de emprego e desenvolvemento local, Luís Miguel Domínguez, e coa orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, explicou que se volve apostar por esta formación “debido á alta participación nas anteriores convocatorias, tanto de veciñanza da localidade coma do resto da comarca”.

A acción formativa consta dun total de 350 horas lectivas, con parte teórica e práctica, na categoría semipresencial. As clases impartiranse do día 12 de novembro ao día 15 de abril nos sábados, en horario de 09.00 a 17.15 horas, na Casa da Mocidade, agás nas fins de semana de Noiteboa e Noitevella, ademais do mes de xaneiro. “A pretensión con estas novas datas é facilitar o acceso para a mocidade, principal demandante desta acción, que compatibiliza con outros estudos, sobre todo, universitarios”, sinalaron dende o Concello, engadindo que a tarifa xeral é de 200 euros por alumna/o maila taxa de expedición do título. Segundo se fixo saber na presentación, fíxanse unha serie de bonificacións acumulativas de 50 euros por distintas circunstancias: situación de desemprego, matrícula nunha titulación oficial, posesión do certificado de discapacidade, situación de risco ou exclusión social e realización do período de prácticas en actividades municipais. En función das particularidades de cada persoa, incluso, poderá saír de balde.

As persoas aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos mínimos e as solicitudes de participación presentaranse no rexistro do Concello, tanto físico coma telemático. Tamén se deberá achegar unha copia do DNI, do pasaporte ou do documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade da persoa aspirante; o título de graduada/o na ESO, o de graduado/a escolar ou equivalente; o xustificante de pagamento do curso; e a documentación precisa para xustificar o acceso a cada unha das bonificacións.

O prazo para se anotar esténdese dende o día 18 ao día 24 de outubro, ambos inclusive. Estipúlase un máximo de 20 prazas que se cubrirán pola orde de entrada. Máis información no teléfono de contacto 981 377 610.

Outros artigos

Ribeira convoca ao voluntariado para limpar a praia de Coroso

Este venres 25 de abril, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, e máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, anunciaron que o vindeiro sábado 3 de maio, a partir das doce na praia de Coroso e á altura da Escola Oficial Náutico Pesqueira, procederase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...