Boiro inviste 46.500 euros para o apoio da actividades ás entidades sociais do municipio

17 Outubro 2022

O Concello de Boiro vén de asinar convenios coas entidades sociais do municipio para o desenvolvemento de actividades para fomentar a inclusión. A contía destinada para o financiamento destas actividades por parte do Concello de Boiro ascende a 46.500 euros.
O alcalde, José Ramón Romero, e as persoas representantes de cada unha das entidades, asinaron esta mañá os convenios de colaboración. Son un total de seis as entidades beneficiarias destas axudas para distintos programas e actividades que levan a cabo en beneficio da veciñanza.
Ambar vai recibir un total de 4.000 euros para actividades de apoio á inclusión e transporte; Amicos 4.000 euros para a realización do Festirititi e transporte; A Creba, 1000 euros para transporte; Cáritas 8.500 euros para a cobertura de necesidades básicas de alimentación, roupa, medicamentos, material escolar, transporte e pago de honorarios a profesionais odontolóxicos, oftalmolóxicos, xuristas e psicólogos; 28.000 euros a Cruz Vermella para desenvolver as actividades do programa de memoria de maiores, o programa de apoio educativo a menores e o programa de biosaúde e paseos saudables; e 1000 euros a Renacer para charlas e intervencións en centros educativos para previr a drogadicción.
Durante a xuntanza, o alcalde e entidades realizaron unha posta en común das necesidades e demandas co obxectivo de seguir mellorando os servizos que se prestan dende as entidades e a colaboración do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.