Boiro e A Gamela suman esforzos para a posta en valor do patrimonio marítimo e cultural

26 Outubro 2022

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, mantiveron este martes unha xuntanza cunha comisión de membros da Asociación A Gamela para a posta en común dos proxectos nos que se está a traballar dende a asociación.
A Asociación Cultural ten como obxectivo de traballar en prol da protección e posta en valor do patrimonio cultural e marítimo do municipio mediante actividades, para o que solicitan a colaboración do Concello. “A Gamela celebro o día 30 a súa asemblea xeral, na que se acordaron as liñas de acción de cara ao vindeiro ano”, afirmaron dende A Gamela.
Dende a asociación presentaron ao alcalde e a concelleira unha serie de actividades que buscan estes obxectivos como son a andaina ruta Mar do Cabo, que busca dar a coñecer o patrimonio natural mediante unha ruta de 10 quilómetros polo litoral. Tamén plantexan un proxecto nomeado “A gamela na
rúa”, vinculado coas artes plásticas e a fotografía e que consiste na elaboración de murais con motivos mariñeiros que axuden a embelecer lugares da parroquia.
Dende a entidade plantexan tamén proxectos ligados a infraestruturas como a posta en valor da dársena do porto ou a recuperación da Casa do Mar de Cabo de Cruz. “Dende o Concello de Boiro buscamos sempre colaborar con proxectos e iniciativas veciñais que nacen das asociacións e colectivos, é fundamental coñecer as necesidades e inquietudes da veciñanza e traballar con eles” afirmou o alcalde.

C.B.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.