Boiro contrata un servizo de auditoría para minimizar perdas de auga

21 Outubro 2022

A xunta de Goberno local do Concello de Boiro celebrada esta semana deu luz verde á contratación dun servizo de auditoría de abastecemento encamiñada a “minimizar perdas de auga”. As actuacións están financiadas mediante unha subvención de Augas de Galicia.

O obxectivo desta auditoría dos sistemas de abastecemento en alta e de subministración en baixa é “cuantificar as perdas de auga para deseñar un plan de actuacións detallado para minimizar as deficiencias atopadas”. Esta auditoría, sinalou o alcalde José Ramón Romero, “vainos permitir coñecer de maneira concreta as fugas de auga para evitar perdas e lograr unha maior sustentabilidade no ciclo”.

A auditoría contará cunha descrición detallada do sistema de abastecemento que recolla o inventario dos elementos como puntos de captación, equipos existentes, transporte distribución ou contadores. Ademais, recollerá o detalle dos núcleos e zonas nas que se subministra auga e a explicación do funcionamento de todo o sistema de abastecemento.

A auditoría contemplará datos sobre o volume de auga captada e subministrada e un balance de todo o sistema de abastecemento. Elaborarase un plan de actuacións para reducir eivas nos sistemas de abastecemento e habilitar medidas que garantan o subministro nos episodios de seca a situacións de risco sanitario.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.