As persoas maiores de Aguiño reciben claves para o envellecemento activo e o autocoidado

07 Outubro 2022

Este venres 7 de outubro comezaron os obradoiros de autocoidado organizados polo Concello de Ribeira e centrados en achegar recursos técnicas que favorezan o envellecemento activo e a calidade de vida entre a veciñanza. Comezaron na Aula do Maior da parroquia de Aguiño, coa presenza dunha quincena de persoas maiores recibindo formación sobre hábitos saudábeis. En total impartiranse 4 obradoiros, de dúas horas cada un, todos eles orientados a reducir na poboación o risco de padecer doenzas consecuencia da idade e que melloran o estado de ánimo e a autonomía dos maiores.

Os temas a tratar nestes obradoiros son, por unha parte a actividade física e a alimentación, como afectan ó estado de ánimo, á memoria e á calidade do sono, por outra, hábitos saudábeis para a prevención de síntomas do envellecemento e, por último, prevención de enfermidades. Os talleres constarán dunha parte teórica, seguido dunha práctica na que se demostrará a experiencia adquirida, e unha discusión sobre o tema impartido para rematar. Impartiranse ó longo deste curso 2022/23.

A relatora encargada da formación destas 15 persoas maiores é Ana Belén Crujeiras Martínez, bióloga pola Universidade de Santiago Compostela e doutora en Fisioloxía e alimentación pola Universidade de Navarra. Estivo presente na apertura dos obradoiros, o primeiro impartiuse o venres sete de outubro, acompañada do alcalde Manuel Ruiz e da concelleira de Servizos Sociais Ana Barreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.