As Illas Atlánticas xa son o primeiro Parque Nacional de España con certificado de destino ecoturístico

20 Outubro 2022

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) xa está certificado como destino de ecoturismo, o que, segundo fixo saber a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, convérteo “no primeiro parque nacional de todo o país en obter este recoñecemento oficial ao seu traballo a prol da calidade e da sustentabilidade turística dentro das áreas e espazos naturais amparados por algún tipo de protección”.

Así o deu a coñecer esta semana no marco do VI Congreso Nacional de Ecoturismo, no que colabora a Xunta e que se celebra no Pazo de Mariñán da Deputación da Coruña, escenario escollido pola súa localización dentro da Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo, que exerce de anfitrioa e foi o primeiro destino de ecoturismo certificado en Galicia.

Do Campo subliñou que o turismo sustentábel e responsábel é unha “peza clave” para o presente e o futuro dos territorios, tanto a nivel autonómico como local, “polo que os espazos naturais teñen que poñerse en valor e considerarse un valor engadido á hora de atraer un maior número de visitantes”, dixo, engadindo que Galicia “parte dunha posición de vantaxe xa que se trata dun dos lugares con máis biodiversidade en canto ao seu ecosistema e un dos destinos máis desexados para quen busca natureza, gastronomía e cultura”, aspectos cada vez máis valorados entre os turistas españois, tal e como indican os últimos datos recompilados polo Observatorio Nacional do Turismo, engadiu.

Tamén salientou as máis de 456.000 persoas que se achegaron ata setembro ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, os case 50.000 visitantes que se estima que recibirán en 2022 os seis parques naturais da Comunidade, ou as 250.000 visitas que se rexistraron só este verán no Monumento Natural Praia das Catedrais, un “dos destinos estrela entre o turismo interior e nacional”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.