Actos de conmemoración do 82 aniversario da Casa Galicia de “Unidad Gallega” de Nova York

03 Outubro 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu aos actos de conmemoración do 82 aniversario da Casa Galicia de Unidad Gallega de Nova York, destacando o labor que este centro ven desenvolvendo dende a súa creación para a promoción da lingua e a cultura galega.
Esta entidade galega naceu en 1940, pouco antes de que Castelao, primeiro socio de honra deste centro, marchara para Bos Aires.

Conta con máis de mil socios na actualidade e cun completo programa educativo a través da súa escola de música e danza, onde se ensina aos máis novos a tocar a pandeireta, a gaita, o tambor e o baile, o que permite garantir a continuidade dos distintos grupos artísticos. Ademais, desenvolvediversas celebracións culturais ao longo do ano que permiten manter as tradicións
galegas.

En Estados Unidos residen na actualidade máis de 24.000 galegos e Palmeira a través da Sociedade de Fillos de Palmeira conta cunha ampla representación en New Jersey.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.