Acto de presentación e debate do libro de artista “Serendos Obsolimos “, de Pepe Cáccamo.

29 Outubro 2022
CONCURRIDO ACTO DE BOUREL EN VIGO. Cedida

Este venres, 28 de outubro, tivo lugar na Escola de Artes e Oficios de Vigo, o acto de presentación e debate do libro de artista “Serendos Obsolimos “, de Pepe Cáccamo.
A sua producción, do autor ribeiran Antonio Piñeiro, despertou o interese de numeroso público congregado no salón da EMAO, e provocou un rico debate sobre a sua orixinalidade e rareza.
Tratase dunha obra realizada mecanograficamente, paxina a paxina, e acompañada por intervencions plásticas orixinais do autor, nunha serie limitada e asinada.
A peculiar combinación dunha lingua inventada, a impresion a máquina de esctibir, a inclusión de pinturas orixinais e a montaxe manual dos libros, fai de “Serendos obsolimos” un caso ben excepcional no ámbito da arte e a literatura galegas. Sen dubida un exemplar de bibliofilo que, no transcurso do propio acto, foi cualificado coma un feito singularisimo e mesmo iniciatico na nosa cultura.
Importantes personalidades da arte estiveron presentes no acto conducido por Dario Basso e acompañado por un recital poético de Rexina Vega, Gonzalo Navaza, Xavier Baixeras e o propio Pepe Cáccamo, xunto co barbanzan Antonio Piñeiro.

SERENDOS OBSOLIMOS. CONCURRIDO ACTO EN VIGO. Cedida

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.