Acercase o día. Este sábado toda Galicia confirma a súa asistencia en Ribeira á concentración contra o veto á pesca de fondo da UE

07 Outubro 2022

Ribeira será este sábado escenario da maior concentración da súa historia, esperase que milleiros de persoas unanse á convocatoria contra o veto á pesca de fondo en 87 áreas decretado pola Comisión Europea. Ducias de colectivos de toda Galicia confirmaron xa súa asistencia, desde entidades de pescadores a xerentes de lonxas a confrarías.

A convocatoria terá lugar na praza do Concello, onde ás sete da tarde comezará a concentración. Espérase que os asistentes ocupen tamén as rúas contiguas e deste xeito deixar patente ante Europa que Galicia non cala e está disposta a pelexar ata o final pola pesca, o emprego e polo seu futuro como país.

Asistirá a conselleira de Mar, Rosa Quintana, que será unha das cinco persoas que tomarán a palabra para reflectir o rexeitamento a unha medida que expulsa a uns mil barcos dos caladeiros nos que historicamente faenaron.

A concentración foi convocada polo “Consello Local de Pesca” de Ribeira e tanto desde o Concello como o patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías, José Pérez, remitíronse notificacións a todas as confrarías, lonxas e municipios de costa de Galicia convidándolles a asistir.

O acto comezará coa intervención de Ignacio Vázquez, presidente da Asociación de Arrastreiros de Ribeira. Posteriormente tomará a palabra José Pérez, ao que sucederá o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, especialmente afectada pola pesca de palangre, Basilio Otero. Intervirá despois a conselleira Rosa Quintana e pechará a mobilización Manuel Ruiz, quen lerá o manifesto na súa totalidade.O texto será o elaborado polo “Consello Galego de Pesca”, por considerar que representa a todo o sector.

Mentres, segue a recollida de firmas en apoio ao manifesto e en defensa da pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria.

Fachada do Consistorio de Ribeira en defensa do Mar

Entre as asociacións e institucións en apoio do sector destaca o da Parroquia de Santa Uxía e de Cáritas, membros da ONG católica e dos catequistas instalaron mesas no atrio, na praza do peixe, na lonxa no malecon onde recolleron centos de firmas contra o veto á pesca de fondo da UE.

Membros de Cáritas e da Parroquía de Santa Uxía recolleron firmas contra o veto á pesca de fondo da UE

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión