“A vivenda como dereito” – José Manuel Pena

13 Outubro 2022

Son moitos miles de cidadáns os que continúan esperando por unha Lei de Vivenda que regule legalmente o dereito real a unha vivenda digna, sexa en propiedade ou en réxime de aluguer. Mentres tanto os grandes grupos inmobiliarios e fondos de investimento son os receptores da venda de miles de vivendas, por parte das entidades financeiras. Vivendas adquiridas por falta de pagamentos e embargos, a través de poxas xudiciais.

Aínda que é certo de que se adoptaron medidas legais para suspender os procedementos xudiciais sobre execucións hipotecarias e falta de pagamentos de alugueres para familias vulnerables, ata final de ano. Tamén non é menos certo que continúa sendo un problema, para moitos municipios e Comunidades Autónomas, garantir as alternativas habitacionais para familias vulnerables, a pesar do elevado número de vivendas baleiras que hai no noso país, máis de tres millóns e medio.

Está a chegarse a situacións insostibles e impensables, hai pouco tempo. Hai zonas onde é imposible atopar unha vivenda para alugar durante todo o ano. Ou ben se alugan en tempada estival ou ben se atopan encadradas como vivendas turísticas. Aquí os responsables públicos teñen algo que dicir.

Un goberno progresista ten que ser valente e gobernar, primordialmente, para a xente, para as familias máis humildes e vulnerables, máxime en períodos de crises. Por iso moitos cidadáns pregúntanse, para cando a Lei de Vivenda?

A vivenda non pode ser pensada como un medio de especulación ou enriquecemento, ten que ser considerada como un dereito básico, como xa o son a sanidade, a educación, as pensións, as prestacións por desemprego, etc.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.