A rapazada da Pobra mergúllase no universo teatral de Valle-Inclán

25 Outubro 2022

O teatro regresou á Sala Iconografía Contemporánea do Museo Valle-Inclán coa función O avó e outras historias para contar, da man de Charo Pita, dirixida a alumnado de Primaria da Pobra do Caramiñal ao abeiro das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), recibiu a rapazada no inicio das sesións orientadas neste 25 de outubro ao CEP Salustiano Rey Eiras. Baseada en O meu bisavó, a dita actividade repetirase no día 27 co CEP Pilar Maestú Sierra e, novamente, co xa referido centro educativo.

O eido teatral proseguirá no venres 28, ás 20.30 horas. Aberto á cidadanía en xeral, De Tal Cuento Tal Astilla levará De paxaros na cabeza á institución museística. Esta convocatoria das xornadas chegará ao seu remate o sábado 29, a partir das 12.30 horas, coa tradicional ofrenda cívica onda o monumento do literato no Cantón da Leña, que incluirá unha lectura pública de textos e estará amenizada pola Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas da Asociación Amas de Casa. Haberá tamén unha ruada por espazos céntricos da vila coa música de Os Caraveiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...