A praia dos Areos acolle este domingo un simulacro de mamíferos mariños

21 Outubro 2022

Este domingo, día 23 de outubro, ás 11:00 h a coordinadora CEMMA organiza unha actividade formativo-divulgativa sobre a asistencia á fauna mariña ameazada, tartarugas e mamíferos mariños, na praia dos Areos da Pobra do Caramiñal. O punto de encontro será o aparcamento. En caso de mal tempo a actividade será desenvolvida na Casa Mariñeira.

A actividade enmárcase dentro da divulgación sobre a Rede de Varamentos de Galicia que a CEMMA leva a cabo contando coa axuda da Deputación da Coruña para proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente para 2022.

A actividade consiste en expoñer a presenza das especies obxectivo da asistencia en encallamentos, as diferencias básicas entre tartarugas (réptiles) e lobos mariños e cetáceos (mamíferos), así como o que podemos ou debemos facer para poder asistir en primeira instancia a un animal varado.

O público obxectivo é xenérico aínda que tamén está destinado a membros de protección civil, policía local e especialistas de medio ambiente, así como aos compoñentes dos Grupos de Voluntariado de Cobertura da CEMMA, que son os grupos locais de apoio.

A coordinadora explica que “as praias da Pobra do Caramiñal son espazos onde se rexistran diversos varamentos de exemplares ao ano”.

O Concello de A Pobra do Caramiñal e a Agrupación de Protección Civil local apoian a asistencia aos animais varados, en coordinación coa Unidade Móbil da CEMMA, permitindo a recollida de datos e mostras e coordinando a retirada dos exemplares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.