A Pobra prepárase para o Campionato Láser Tag dirixido a mocidade

31 Outubro 2022

A programación A Pobra Moza! continúa nesta semana co Campionato Láser Tag que se desenvolverá no 4 de novembro, a partir das 17.00 horas, nas inmediacións do parque do Castelo.

Trátase dunha proposta impulsada dende a Concellaría da Mocidade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), para así diversificar o ocio da xente nova maior de 12 anos. O maratón de actividades proseguirá nas vindeiras semanas.

Requírese a inscrición previa ata o día 2 de novembro a través da ligazón específica habilitada.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...