A Pobra organiza obradoiros de conciliación para o Samaín

24 Outubro 2022

Cara ao festexo do Samaín, este 1 de novembro, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal dirixida por Charo Varela (Nós Pobra) ofrece obradoiros de conciliación no 31 de outubro por se tratar dun día non lectivo no actual curso escolar.

Destinados a crianzas da infantil e da primaria, terán como epicentro o CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O prezo é de 3 euros por nena/neno, pero aplicarase un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a.

Para lles dar maiores facilidades ás familias usuarias tamén se lles proporciona o Servizo de Madruga e a prestación de comedor.

A data límite de inscrición estipúlase no 28 de outubro; trámite que se deberá formalizar no Departamento da Igualdade do Concello, no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.