A Pobra apoia o comercio local a través da conciliación e o espazo lúdico Pequetroula

04 Outubro 2022

A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal lanzou este martes 4 de outubro unha nova campaña a través da cal fortalecer o sector comercial. A fórmula elixida será a da conciliación, contando coa colaboración do DEAN.shop eCommerce e da Asociación de Empresarios. Destes obxectivos e desas alianzas xorde unha nova edición da Pequetroula, un espazo lúdico para a rapazada de 3 a 14 anos en que se divertir mentres as súas familias realizan compras nos establecementos de proximidade.

No acto de presentación estiveron presentes o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Sara Sánchez; a presidenta do DEAN.shop eCommerce, Noelia Hermo; e a administrativa da Asociación de Empresarios, Susana Moreira.

A edil ratificou que se trata “dunha aposta importante que significa un compromiso co comercio local que nos leva a desfrutar de actividades moi dinámicas para a mocidade e crianzas, ademais de axudar ás familias a conciliar.” O rexedor, pola súa banda, referiuse á relevancia desta campaña que “evoluciona no seu funcionamento e medra ao estenderse dende outubro”.

O epicentro das actividades será a praza Alcalde Segundo Durán, onde estará habilitado un toldo que se converterá nun fervedoiro de actividades amenas e creativas: proxeccións de filmes, obradoiros de iniciación á maxia, cociña, ciencia, parkour ou contacontos son algunhas das propostas. Desenvolveranse durante as fins de semana comprendidas entre a de 8 de outubro e 18 de decembro, atendido por monitorado e especialistas en distintas materias. O horario definido para os sábados é de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas, mentres que nos domingos se establece dende as 12.00 ata as 14.30 horas.

Para acceder a este servizo é preciso presentar un bono Pequetroula que se pode conseguir en liña a través da web www.deanshop.es, a partir deste mesmo xoves, ou presencialmente na oficina do turismo, con atención ao público de luns a venres, de 09.30 a 14.30 horas. Tamén se habilita a posibilidade de facelo na propia praza media hora antes do inicio de cada sesión. Pode facer uso del tanto a veciñanza da localidade coma a doutros municipios.

Máis tarde, o bono poderase trocar por descontos en 36 comercios da vila que contarán cun distintivo: téxtil, moda deportiva, salóns de peiteado, centros de estética, tendas de tecnoloxía, mercerías, panadarías, tendas de comestibles e dous locais hostaleiros.

O prezo destes bonos por sesión distribúese da seguinte maneira: na quenda de mañá, 7 euros pola entrada dun/dunha cativo/cativa; pola tarde, 10 euros; e, coa opción de mañá e tarde, 15 euros. A contía total verase rebaixada pola participación de irmás e irmáns e será de balde para o/a terceiro/a.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.