A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anuncia na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira que orzamento no eido formativo sobe ata os 10 millóns

19 Outubro 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta tarde a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, onde destacou a importancia do labor que realizan centros coma este para impulsar a remuda xeracional no sector marítimo-pesqueiro galego. Neste sentido, incidiu en que o orzamento da Consellería do Mar para 2023 no eido formativo rexistra unha suba de preto do 4,5%, ata roldar os 10 millóns de euros.
A representante da Xunta salientou que a incorporación de xente nova ás distintas actividades do mar é un dos principais retos do sector. Por iso, defendeu a necesidade de, malia as dificultades económicas derivadas do encarecemento da enerxía e das materias primas así como da guerra en Ucraína, consolidar a aposta por un eido que é chave para a economía das zonas costeiras de Galicia.
Eses preto de 10 millóns de euros de orzamento para a formación marítimo-pesqueira equivalen a preto do 5% do orzamento da Consellería do Mar para o vindeiro ano e repártense entre as distintas accións e centros que dependen deste departamento. Rosa Quintana lembrou que ademais da escola de Ribeira, da Consellería dependen tamén a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).
Estes catro centros, salientou, realizan un labor fundamental para formar novos profesionais no ámbito marítimo-pesqueiro e están a vangarda no ensino das distintas materias. De feito, o instituto de Vigo é centro de referencia nacional en materia de Pesca e Navegación mentres que o Igafa é tanto de Acuicultura como de Mergullo.

No curso 2022-2023 os catro centros dependentes da Consellería do Mar contan con preto de 500 matriculados, dos que arredor do 20% corresponden á Escola Oficial Náutico- Pesqueira de Ribeira, con case 120 alumnos.
A titular de Mar, que estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, puxo en valor o labor de escolas como a de Ribeira e a importancia de adaptar os seus equipamentos ás necesidades do alumnado, para que a formación que reciba sexa o máis acorde posible ao que se atopará no mercado laboral.
Neste sentido, Rosa Quintana incidiu en que a Xunta investiu nos últimos anos máis de 500.000 euros no centro ribeirense para ampliar as súas instalacións mediante a creación dun salón de actos e congresos e dunha aula de pesca sostible así como a dotación de distintos medios materiais para manter os servizos educativos.
A representante do Executivo galego defendeu que as accións formativas son fundamentais para impulsar a remuda xeracional, pero que deben acompañarse de medidas como a renovación da frota para mellorar a súa habitabilidade e as condicións de traballo e vida a bordo. Nesta liña, incidiu en que Galicia seguirá a traballar ante o Estado e ante Bruxelas co obxectivo de que as autoridades comunitarias entendan que subvencionar a construción ou a modernización dos buques non ten por que implicar unha maior capacidade pesqueira.
O centro
A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira comezou a súa actividade formativa en 1993 co obxectivo de impartir ensinanzas náuticas e marítimo-pesqueiras para a zona xeográfica que vai desde Rianxo ata Fisterra. A formación regrada que imparte está composta por dous ciclos de grado medio de navegación e máquinas e dun ciclo de grado superior en máquinas.
En canto á formación non regrada, imparte cursos de titulacións náutico-pesqueiras -nas que se inclúe a necesaria para exercer o marisqueo-, para as titulacións e os certificados de profesionalidade da mariña mercante e para ampliar as atribucións de mecánico maior naval e patrón costeiro polivalente, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...