A cita dos maiores de Ribeira será o 6 de novembro

O próximo 6 de novembro regresará o Encontro dás Persoas Maiores de Ribeira, que terá lugar no pavillón polideportivo da Fieiteira, que se converterá novamente nun salón de banquetes.
O Concello de Ribeira saco a licitación o servizo de cátering por un prezo base de 55.000 euros e o número estimado de asistentes esperase que sexa de 1.000 comensais. As empresas interesadas teñen de prazo límite ata o próximo 19 de outubro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex).