A Casa da Cultura de Boiro acolle a mostra ‘O noso planeta’

07 Outubro 2022


A Casa da Cultura de Boiro acolle durante os meses de outubro e novembro a mostra ‘O noso planeta’ que realizan Afundación e Abanca co Concello de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, asistiron á presentación da mostra xunto con José Manuel Vilariño, director de Banca Institucional de ABANCA na Coruña, e Vanessa Sende, da área educativa de Afundación que realizou a visita pola mostra.
A mostra está baseada na serie documental co mesmo nome de Netflix e amosa sorprendentes imaxes, elementos audiovisuais e interactivos e unha mensaxe imprescindible que en enmarca en ‘Corrente cultural’. Este traballo fotográfico busca conciencia sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, embalses, quentamento global, contaminación…
‘O noso planeta’ permanecerá aberta ata o vindeiro 21 de novembro na sala de exposicións da Casa da Cultura de Boiro, onde se poderá visitar de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas e os sábados tamén pola mañá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.