A ARE fai este mércores o sorteo da campaña Mercar no teu comercio ten premio

31 Outubro 2022

Este mércores 2 de novembro ás 13.30 horas, na praza de Castelao de Rianxo, a ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios) realizará en directo o sorteo dos galardóns da campaña Mercar no teu comercio ten premio.

O evento final da campaña empezará ás 10.00 hs na mesma localización. Neste lugar, entre
as 10.00 e as 13.00 hs, poderán trocarse os tíckets das compras realizadas durante as datas de
duración da campaña (do 26 de outubro ao 2 de novembro) por boletos para participar no
sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros. Estas
tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de
proximidade local.

Mercar no teu comercio ten premio é unha iniciativa de promoción do comercio de
proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega
de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e
Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación Rianxeira de
Empresarios.

Así, todos os clientes de Rianxo que realizaran compras no comercio de proximidade entre
o 26 de outubro e o 2 de novembro, poden participar no sorteo en directo destes 1.000 euros en
premios. Este sorteo contará mañá coa presencia de representantes das entidades organizadoras,
entre eles José Manuel Regueira Vázquez, presidente da Asociación Rianxeira de Empresarios; José
Antonio Seijas, vicepresidente da Federación de Comercio de A Coruña; e directivos de Abanca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.