Na mañá deste 4 de outubro o presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Daniel García, e máis a xerente da Estación de Servizo Garlou, Marga Loureda, entregaron os 10 premios da campaña Enchemos o teu Depósito, impulsada pola patronal boirense coa colaboración da dita estación e desenvolvida entre o 5 e o 26 de setembro, co obxectivo de recoñecer o compromiso da cidadanía co comercio local con premios que lles axudasen a sobrelevar a escalada de prezos de combustíbel.

As persoas premiadas foron elixidas de maneira aleatoria entre os 1.447 tíckets rexistrados na páxina web da asociación, www.abe.gal, durante as datas indicadas. As veciñas e veciños finalmente agraciadas/os tiveron como premio 100 € en gasolina + un lavado premium que poderán canxear na Estación de Servizo Garlou de Boiro.
Estes son os premiados do sorteo e o establecemento onde se deu o premio
Modatin – Juana
Carnicería Moncho Boga – Mercedes Vieites
Cervecería Botavara Boiro – Loreto Riveiro
Lisvaz – Beatriz Romay
Panadería La Espiga – Teresa Fidalgo
Sargadelos – Esther Fernández Souto
Taxi 5 Boiro – Sandra Fernández Alcalde
Carnicería JM Boga Abanqueiro – Chus Gómez Fernández
Claudio Cabo de Cruz – Paula Muíños Cortes
Electrodomésticos Otero – Isabel García Vázquez

O presidente da ABE quixo “valorar positivamente a campaña na que se acadou un altísimo número de rexistros na liña da campaña de verán con preto de 500 rexistros semanais de mais de 60 establecementos diferentes”.
A campaña contou coa colaboración de Estación de Servicio Garlou, Concello de Boiro e co financiamento da Xunta de Galicia.
