Xa podemos inscribirnos na segunda das andainas para coñecer o patrimonio de Outes

22 Setembro 2022

O Concello de Outes abriu o prazo de inscrición para a segunda andaina (Torres dos Mouros e Fervenzas de San Paio) do programa de camiñadas colectivas Coñece o noso Patrimonio. Dende o Consistorio sinalan que as prazas son limitadas e que as persoas interesadas deberán anotarse na Casa da Cultura (no teléfono 981 850 950).

O pasado domingo 11 de setembro celebrouse a primeira das andainas organizadas polo Concello de Outes para achegar a veciños e residentes novas oportunidades de coñecer en persoa as importantes riquezas naturais, culturais e paisaxísticas do termo municipal.

O programa inclúe andainas á Carleo pasando polo Cristo de Baneo (a do 11 de setembro), á Torre dos Mouros e as fervenzas de San Paio (este 25 de setembro con saída ás 9.00 dende a Igrexa de San Lourenzo), a San Tirso de Cando e á Catedral da Electricidade (o 9 de outubro saíndo da igrexa de San Tirso de Cando), ao punto orixinario do concello de Outes (o 23 de outubro, con saída da Eira do Carme, en Brión de Arriba), a Santa Lucía por Entíns (o día 6 de novembro con saída da Igrexa de Santa María de Entíns), e á Igrexa de Roo (o 20 de novembro).

Outros artigos

Bretal converterase no Roland Garros galego do 9 de maio ao 25 de xuño

Este luns 28 de abril, xusto no comezo do apagamento eléctrico presentáronse en Ribeira os detalles do IV Torneo de Tenis de terra batida A Devesa, Bretal 2025 (Somos Terra). Ao acto de presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal máis o organizador...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión