Veciños e visitantes descobren este outono os tesouros de Outes nun programa de seis andainas

12 Setembro 2022

Este domingo 11 de setembro celebrouse a primeira das andainas organizadas polo Concello de Outes para achegar a veciños e residentes novas oportunidades de coñecer en persoa as importantes riquezas naturais, culturais e paisaxísticas do termo municipal.

Estamos a falar do programa de camiñadas colectivas Coñece o noso Patrimonio. A próxima xeira deportivo-cultural será o 25 de setembro. Na deste domingo participaron arredor de dúas ducias de persoas.

O programa inclúe andainas á Carleo pasando polo Cristo de Baneo (a deste domingo pasado), á Torre dos Mouros e as fervenzas de San Paio (este 25 de setembro con saída ás 9.00 dende a Igrexa de San Lourenzo), a San Tirso de Cando e á Catedral da Electricidade (o 9 de outubro saíndo da igrexa de San Tirso de Cando), ao punto orixinario do concello de Outes (o 23 de outubro, con saída da Eira do Carme, en Brión de Arriba), a Santa Lucía por Entíns (o día 6 de novembro con saída da Igrexa de Santa María de Entíns), e á Igrexa de Roo (o 20 de novembro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...