Un condutor foxe á carreira tras chocar coa Garda Civil en Boiro

Na mañá deste sábado rexistrouse en Escarabote un accidente que acabou cun coche envorcado e o condutor fuxido, ao abandonar o lugar á carreira despois de chocar cun vehículo camuflado da Garda Civil.
A patrulla detectou a un turismo circulaba de maneira temeraria pola estrada comarcal AC-305 ao seu paso polo municipio boirense e tratou de bloquearlle o paso, momento no que o condutor realizou unha brusca manobra para cambiar de sentido e chocou co coche da Garda Civil e con outro turismo que circulaba nese momento pola zona os ocupantes do cal sairon ilesos, se ben o coche envorcou.
O condutor do primeiro vehículo emprendeu a fuxida á carreira e iniciouse un dispositivo de procura con efectivos da Policia Local e a Garda Civi.